Entra

Entra con facebook

login facebook

¿No tienes cuenta?

XIII Implícate Noite de música e palabra solidaria

Widgets del proyecto

Vertical

<iframe src='https://www.lanzanos.com/apoya/3444/1/' width="200" height="285" frameborder='0'> </iframe>

Horizontal

<iframe src='https://www.lanzanos.com/apoya/3444/0/' width="334" height="110" frameborder='0'> </iframe>

Loogic Partners

En Loogic creemos en las personas y creemos que cuanto más cerca de ellas estemos, más podremos ayudarles y más podrán ayudarnos. Nosotros estamos limitados, somos un equipo magnífico pero que no llegamos a todas partes. Queremos tener personas que nos ayuden, sea de forma individual o desde empresas, que compartan la filosofía de Loogic y quieran ayudar a emprendedores, startups e inversores.

Nuestras áreas de acción son amplias, si crees que puedes ayudarnos en alguna de ellas, crees que puedes llevarlas a aquellos a los que nosotros no llegamos, queremos conocerte.

Loogic engloba:

Data: Domingo, 14 de xaneiro de 2018. Ás 20.30 horas



Lugar: Teatro Principal de Santiago de Compostela (Rúa Nova, 22)



Presenta: Yolanda Castaño e Mon Santiso



Organiza: A ONG galega Implicadas/os No Desenvolvemento. Visita http://implicadas.net/



Un ano máis, o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá a cita anual de Implicadas coa cultura e a solidariedade. Artistas do mundo da música, danza, teatro e literatura daranse cita o domingo 14 de xaneiro, ás oito e media da tarde, para participar na XIII edición do 'Implícate! Noite de música e palabra solidaria', organizado por Implicadas/os no Desenvolvemento e presentado por Yolanda Castaño e Mon Santiso.




Yolanda Castaño




Mon Santiso



 



 



 



 



 



 



O obxectivo do 'Implícate! Noite de música e palabra solidaria', no que as/os artistas colaboran de xeito desinteresado, é facer un chamamento á solidariedade das galegas e galegos, unindo nesa noite a cultura galega e a solidariedade galega. O propósito principal deste evento é dar a coñecer o traballo desta organización de cooperación ao desenvolvemento, invitar ao público a ver o mundo con outros ollos, a reflexionar, e a cambiar os hábitos do noso día a día, dende Galicia, dende a conciencia crítica e a acción clara. Igualmente, os cartos recadados con esta iniciativa destínanse integramente a financiar os proxectos de cooperación para o desenvolvemento que Implicadas ten no Sur da India: “Erradicación do Infanticidio Feminino” en Salem e “Empoderamento de Mulleres II” en Tiruchy.



Esta iniciativa lévase a cabo dende o ano 2006 en colaboración co Concello de Santiago, co Teatro do Morcego e con outras organizacións e institucións galegas. Dende o 2007 celébrase sempre no Teatro Principal de Santiago de Compostela e conta coa colaboración desinteresada dos/as artistas así como das presentadoras do festival.



Ao longo da noite do Implícate!, o público pode gozar das actuacións dos/as artistas galegos/as e coñecer a filosofía de traballo de Implicadas, o tipo de proxectos de cooperación ao desenvolvemento que está a levar a cabo en comunidades do Sur e as actividades de sensibilización e concienciación que realiza no ámbito galego.



Este ano o cartel do 'Implícate! Noite de música e palabra solidaria' está formado por: 



MÚSICA:




Atrás Tigre



 



 




Mounqup



 



 



 



Mónica Lebedynski
Mónica Lebedynski



 



 



 



 



 



 



 



TEATRO:




ISI




Marta Iglesias



 



 



 



 



 



 



 



 



DANZA:




Xacarandaina



 



 



 



 



 



 



 



POESÍA:




Alicia Fernández




Suso de Toro



 



 



 



 



 



 



 




Ismael Ramos




Verónica Martínez Delgado



 



 


Implicadas é unha entidade galega, feminista, crítica, apartidaria e aconfesional, que traballa no ámbito da Cooperación ao Desenvolvemento. Comeza a súa andaina en 1998 para contribuír a cambiar o mundo dende o enfoque de xénero e dende Galicia. O seu obxectivo é traballar a prol da erradicación da pobreza nas comunidades máis afectadas por ela, en concreto coas mulleres, na procura da igualdade de xénero, a través da eliminación das estruturas de opresión Norte-Sur e contribuír a que todas as persoas teñan unha vida digna. Implicadas entende a loita contra a pobreza como un exercicio de responsabilidade da cidadanía do Norte e a busca de espazos para que cidadanía do Sur, e en concreto as mulleres, poida tomar decisións sobre as súas vidas. Considera a pobreza como un problema político e por iso traballa na sensibilización e busca da participación da cidadanía galega na incidencia política, algo que promove a través de colaboracións co mundo da cultura, con asociacións feministas e grazas á súa base de activistas na que na actualidade colaboran preto de 30 persoas. Polo tanto, unhas das tarefas principais de Implicadas en Galicia é a sensibilización da nosa sociedade sobre a pobreza, as súas causas e as súas solucións, para conseguir un mundo máis xusto e solidario. Dende os seus comezos Implicadas desenvolve programas de cooperación baseados na igualdade de xénero e na autosuficiencia das comunidades, traballando man a man coas organizacións civís do Sur. Os programas que desenvolve na actualidade no Sur da India son os seguintes: 1. O programa de ERRADICACIÓN DO INFANTICIDIO FEMININO en Salem é unha iniciativa promovida por Implicadas e a ONG támil People's Development Initiatives (PDI) en colaboración con numerosos actores locais (goberno, feministas, activistas) dende 2007 para tentar poñer fin ao infanticidio. É esta unha forma de violencia extrema contra as mulleres pola cal unha comunidade admite que se asasinen as nenas acabadas de nacer pola baixa consideración social das mulleres. Esta práctica leva a que a pirámide de sexos estea invertida para o distrito de Salem (hai máis homes que mulleres, o cal contradí a tendencia natural) e que de cada 1000 nacidos falten 200 nenas. O programa traballa en catro bloques do distrito de Salem, cunha poboación de máis de 200.000 persoas, e incide en aspectos paliativos como o seguimento de mulleres embarazadas pero o seu obxectivo último é contribuír a un cambio nos patróns de xénero que faga inadmisible toda forma de violencia contra as mulleres. 2. O EMPODERAMENTO DE MULLERES II é unha iniciativa promovida por Implicadas e a ONG támil People's Development Initiatives (PDI), no distritos de Tiruchirapalli. Leva en marcha dende 2008 co obxectivo de conseguir o empoderamento das mulleres e un desenvolvemento con enfoque de xénero a todos os niveis entre as comunidades empobrecidas. Para isto desenvolve actividades como a formación de grupos de axuda mutua (GAM) (ferramenta que facilita que as mulleres teñan acceso ao capital para negocios ou necesidades correntes do día a día; e cumpre unha función fundamental en canto ao seu empoderamento, xa que son unha fonte de apoio mutuo e melloran a súa autoestima e capacidades de acción política); clases de alfabetización de mulleres adultas; atención a mulleres embarazadas, clases de apoio a nenas/os...
Escoge tu recompensa
3€
Básica 1
Figurar nos créditos de colaboración do Implícate
1 personas han apoyado
5€
Básica 2
Chapa + figurar nos créditos de colaboración do Implícate.
(Os gastos de envío só serán gratuítos para mecenas de Galicia e resto do Estado)
1 personas han apoyado
10€
Básica 3
Chapa + caderno de Implicadas + figurar nos créditos de colaboración do Implícate-
(Os gastos de envío só serán gratuítos para mecenas de Galicia e resto do Estado)
1 personas han apoyado
15€
Normal 1
Chapa + caderno de Implicadas + bolígrafo + figurar nos créditos de colaboración do Implícate.
(Os gastos de envío só serán gratuítos para mecenas de Galicia e resto do Estado)
3 personas han apoyado
20€
Normal 2
Libro Vanakkam + chapa + bolígrafo + figurar nos créditos de colaboración do Implícate.
(Os gastos de envío só serán gratuítos para mecenas de Galicia e resto do Estado)
2 personas han apoyado
30€
Normal 3
Libro Vanakkam + chapa + bolígrafo + caderno de Implicadas + figurar nos créditos de colaboración do Implícate.
(Os gastos de envío só serán gratuítos para mecenas de Galicia e resto do Estado)
2 personas han apoyado
40€
Avanzada 1
Libro Vanakkam + documental Cambia de Papel + chapa + figurar nos créditos de colaboración do Implícate.
(Os gastos de envío só serán gratuítos para mecenas de Galicia e resto do Estado)
0 personas han apoyado
50€
Avanzada 2
Camiseta de Implicadas + elixir libro de Implicadas + chapa + bolígrafo + figurar nos créditos de colaboración do Implícate.
(Os gastos de envío só serán gratuítos para mecenas de Galicia e resto do Estado)
2 personas han apoyado
60€
Avanzada 3
Camiseta de Implicadas + elixir libro de Implicadas + documental Cambia de Papel + chapa + bolígrafo + figurar nos créditos de colaboración do Implícate.
(Os gastos de envío só serán gratuítos para mecenas de Galicia e resto do Estado)
0 personas han apoyado
70€
Avanzada 4
Camiseta de Implicadas + elixir libro de Implicadas + CD ReactivArte + chapa + bolígrafo + figurar nos créditos de colaboración do Implícate.
(Os gastos de envío só serán gratuítos para mecenas de Galicia e resto do Estado)
0 personas han apoyado
80€
Avanzada 5
2 entradas para o festival Implícate + documental Cambia de Papel + chapa + bolígrafo + figurar nos créditos de colaboración do Implícate.
(Os gastos de envío só serán gratuítos para mecenas de Galicia e resto do Estado)
2 personas han apoyado
90€
Súper 1
2 entradas para o festival Implícate + CD ReactivArte + documental Cambia de Papel + chapa + bolígrafo+ figurar nos créditos de colaboración do Implícate.
(Os gastos de envío só serán gratuítos para mecenas de Galicia e resto do Estado)
0 personas han apoyado
100€
Súper 2
2 entradas para o festival Implícate + elixir libro de Implicadas + documental Cambia de Papel + CD ReactivArte + chapa + bolígrafo + figurar nos créditos de colaboración do Implícate.
(Os gastos de envío só serán gratuítos para mecenas de Galicia e resto do Estado)
1 personas han apoyado
125€
Súper 3
2 entradas para o festival Implícate + elixir libro de Implicadass + documental Cambia de Papel + CD ReactivArte + camiseta + caderno + chapa + bolígrafo + figurar nos créditos de colaboración do Implícate.
(Os gastos de envío só serán gratuítos para mecenas de Galicia e resto do Estado)
0 personas han apoyado
150€
Súper 4
2 entradas para o festival Implícate + elixir 2 libros de Implicadas + camiseta + documental Cambia de Papel + CD ReactivArte + chapa + bolígrafo + caderno + cunca de Implicadas + figurar nos créditos de colaboración do Implícate.
(Os gastos de envío só serán gratuítos para mecenas de Galicia e resto do Estado)
2 personas han apoyado