Login

Log in using your Facebook account

login facebook

Don´t you have an account?

Ana e as súas irmás

Project widgets

Vertical

<iframe src='https://www.lanzanos.com/tandaia/apoya/4317/1/' width="260" height="510" frameborder='0'> </iframe>

Horizontal

<iframe src='https://www.lanzanos.com/tandaia/apoya/4317/0/' width="334" height="110" frameborder='0'> </iframe>

Loogic Partners

En Loogic creemos en las personas y creemos que cuanto más cerca de ellas estemos, más podremos ayudarles y más podrán ayudarnos. Nosotros estamos limitados, somos un equipo magnífico pero que no llegamos a todas partes. Queremos tener personas que nos ayuden, sea de forma individual o desde empresas, que compartan la filosofía de Loogic y quieran ayudar a emprendedores, startups e inversores.

Nuestras áreas de acción son amplias, si crees que puedes ayudarnos en alguna de ellas, crees que puedes llevarlas a aquellos a los que nosotros no llegamos, queremos conocerte.

Loogic engloba:

Que?



Ana e as súas irmás xermolou coma unha homenaxe á comedia dialogada de Woody Allen. O título fai referencia á longametraxe Hannah and her sisters. Mais as intencións non sempre están en relación directa cos obxectivos acadados e, no proceso de escritura, o argumento foi transformándose de tal xeito que perdeu o diálogo e case toda a comedia.



A protagonista desta historia, Ana, naceu con espiña bífida e serios danos no ril. O libro comeza no momento en que recibe a chamada para someterse ao segundo transplante. Mentres vai camiño do hospital, a ambulancia convértese nun faro que alumea a negrura da noite e as lembranzas da protagonista. Para enfrontarse a esa batalla, Ana conta cunha arma poderosa: o amor incondicional das súas irmás.



Quen?



Do Peirao é unha editora con vontade de cambio, de publicar obras pouco convencionais pero de indudable calidade, con novas e frescas ideas como é a de empregar unha campaña prevenda para promocionar cada título cando esta aínda se atopa en proceso de edición.



Deste xeito es ti, agora que pensa como colabora, o que decide se a obra que che presentamos verá a luz pasando a formar parte do noso catálogo... porque consideramos ao lector parte fundamental do proceso.



Hoxe presentámosvos a Álex Mene.



Os programas de Félix Rodríguez de la Fuente abríronme os ollos ao mundo que me rodeaba. Descubrín que existían moitos máis animais dos que eu podía imaxinar. E, así, decidín o que quería ser de maior: zoólogo. Pero non deses que andan só con cans e gatos, senón dos que cazan serpes xigantes en selvas amazónicas, estudan o hábitat do lobo estepario e seguen as pegadas do oso panda até a profundidade dos bosques de bambú.



Despois, licencieime en Ciencias da Información, doutoreime en Belas Artes e non parei de escribir até hoxe. No ano 2018 publiquei o álbum ilustrado A raíña das tortas na colección Verdemar da editorial Alvarellos. Con Indómita e a semente da inmortalidade gañei o I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil «Muíño do Vento», libro publicado pola editorial Bululú. En 2020 obtiven o 3º premio no Certame de narracións breves Manuel Murguía polo texto titulado A herdeira (Foto de familia). E, no ano 2021, publico Ana e as súas irmás na editorial Do Peirao.





«Ana e as súas irmás é un libro que fala da verdadeira natureza da amizade e do amor. Dese amor que damos e que se converterá no único rastro que deixamos: o legado que permanecerá tras o nosos pasos.



A protagonista vai debullando os episodios da súa vida nunha especie de conxura contra as barreiras que provoca a diferenza, desafiando calquera atranco e apostando pola ledicia.

O libro pasea polo drama que latexa en toda comedia e polo humor que agroma de toda traxedia. Ana ensínanos, a través da súa experiencia vital, en que consiste a valentía».



Por que?



E por aquí unha mostra do que atoparedes nas súas páxinas:



«Os meus pais coñecíanse de vista das festas e romarías da contorna. El traballaba dende os trece anos no matadoiro do Porriño. Tiña unha bicicleta vella que utilizaba sempre para desprazarse pola vila e, ao rematar a xornada laboral, pasaba devagar por diante da casa da miña nai. Ela, que a esa hora estaba cosendo e remendando diante do comercio, nos soportais, paraba enfeitizada ao que escoitaba o renxer da bicicleta, que seica emitía un ruído tal que máis parecía unha traca das festas ca outra cousa. Nese intre, Gloria pegaba un chimpo e saía a fume de carozo para velo pasar. Ficaba engaiolada co seu ollar cravado no del, perdida no reflexo do seus ollos. Aquel goce tan penetrante outorgaba á escena unha cadencia moi lenta mentres, pola contra, os latexos do seu corazón acelerábanse até deixala sen alento. Evaristo pedaleaba fachendoso diante da miña nai fitándoa tan intensamente que máis dunha vez estivo a piques de chocar coas columnas do soportal, comer dun bocado o capitel románico, perder os dentes e poñerlle unha accidentada fin a un idilio apenas comezado. Entrementres, a miña avoa Mercedes, e madrastra da miña nai, berráballe: "Gloria, pasa para dentro xa e ten un pouco de decencia, que non quero nin que mires para ese morto de fame". Pero ela non era quen de deixar de facelo, de ollar para aquel cabaleiro andante que no canto de corcel tiña unha bicicleta enferruxada. Sucumbía, enfeitizada, perante a forza dos ollos negros daquel vampiro misterioso que, en troques de voar, levitaba enriba de dúas rodas que xemían por un amor mal engraxado. O mesmo ruído que tempo despois faría o primeiro aparello ortopédico co que puiden camiñar. Esas casualidades son os elos dunha cadea sonora que me acompañará ao longo da miña vida».



Ademais...



Sabemos que son tempos difíciles, tamén nós os sufrimos, e pode que non te atopes en disposición de apoiarnos co teu mecenazgo nestes momentos... pero agardamos que se esto te chegou ao alma, incluso se tal vez coñeces en persoa ao autor, trates de difundir esta campaña (facebook, twitter, blogger, boca-orella... ) para que academos a nosa meta e Álex Mene vexa publicada a sua obra.


Editorial Tandaia

location Santiago de Compostela, España
Desde su origen, en 2014, Tandaia ha tenido perfectamente claro su objetivo; dar una oportunidad a quienes, derrochando calidad, otras editoriales se la niegan. Siguiendo esta línea, en apenas un par de años contamos con cuatro colecciones de Ficción dirigidas a distintos géneros: desde la novela histórica hasta la literatura juvenil, pasando por el noir o el alt-lit. En este momento, habiendo mantenido nuestro espíritu inicial, Tandaia se abre a nuevos mercados sin perder de vista el objetivo de buscar nuevos valores para que vosotros, lectoras y lectores, aquellos a quienes buscamos complacer con un catálogo plural y de calidad, podáis acceder a nuestros títulos en distintos formatos y cada vez desde lugares más lejanos. Así pues, contamos con presencia en Latinoamérica y con nuestros libros en formato digital en las distintas plataformas de ventas de ebooks. Confiamos en que, si ya nos conocías, podamos continuar compartiendo todo esto contigo... y si acabas de dar con nosotros, esperamos que la apuesta de Tandaia permita que sea el inicio de una gran amistad.
Escoge tu recompensa
16€
EXEMPLAR DO LIBRO (España)
Con esta recompensa recibirás na túa casa un exemplar de ANA E AS SÚAS IRMÁS semanas antes de que estea disponible nas tendas; para ti ou como ese agasallo que non das atinado a escoller. Sen custos de envío en España.
37 people have backed
19€
EXEMPLAR DO LIBRO (resto do mundo)
Con esta recompensa recibirás na túa casa un exemplar de ANA E AS SÚAS IRMÁS semanas antes de que estea disponible nas tendas; para ti ou como ese agasallo que non das atinado a escoller.

Custo de envío para fóra de España xa incluido.
0 people have backed
28€
PREMIUM (España)
Escollendo esta reserva recibirás na túa casa un exemplar de Ana e as súas irmás pero, ademáis, verás o teu nome impreso nos agradecementos do libro... para que cando Álex Mene sexa unha celebridade poidas demostrar que colaboraches no seu éxito.

Sen costes de envío en España.
4 people have backed
31€
PREMIUM (resto do mundo)
Escollendo esta reserva recibirás na túa casa un exemplar de Ana e as súas irmás pero, ademáis, verás o teu nome impreso nos agradecementos do libro... para que cando Álex Mene sexa unha celebridade poidas demostrar que colaboraches no seu éxito.

Costes de envío fóra de España xa incluidos.
0 people have backed
48€
TRES EXEMPLARES (España)
Para ti, familiares e amigos... tres exemplares cos custos de envío gratuitos (en España) semanas antes de que saia á venda.
11 people have backed
54€
TRES EXEMPLARES (resto do mundo)
Para ti, familiares e amigos... tres exemplares semanas antes de que saia á venda, co custo de envío para fóra de España xa incluido.
0 people have backed