Login

Log in using your Facebook account

login facebook

Don´t you have an account?

E Deus díxolle o seu nome

Project widgets

Vertical

<iframe src='https://www.lanzanos.com/tandaia/apoya/3951/1/' width="260" height="510" frameborder='0'> </iframe>

Horizontal

<iframe src='https://www.lanzanos.com/tandaia/apoya/3951/0/' width="334" height="110" frameborder='0'> </iframe>

Loogic Partners

En Loogic creemos en las personas y creemos que cuanto más cerca de ellas estemos, más podremos ayudarles y más podrán ayudarnos. Nosotros estamos limitados, somos un equipo magnífico pero que no llegamos a todas partes. Queremos tener personas que nos ayuden, sea de forma individual o desde empresas, que compartan la filosofía de Loogic y quieran ayudar a emprendedores, startups e inversores.

Nuestras áreas de acción son amplias, si crees que puedes ayudarnos en alguna de ellas, crees que puedes llevarlas a aquellos a los que nosotros no llegamos, queremos conocerte.

Loogic engloba:

Que?



Numismática é un termo que designa o estudo e coleccionismo de moedas. Hainas de ouro, de prata, de cobre… Unhas son modernas, outras demasiado antigas, pero todas teñen unha historia. E Deus díxolle o seu nome comeza así, coas moedas de prata que serviron como pago a Xudas por traizoar a Xesucristo. Estas moedas foron malditas desde ese momento. Cando un soldado desertor descobre durante a II Guerra Mundial nun cemiterio de Rusia unha delas e un manuscrito, esa maldición cobra vida.
A través destas páxinas, iniciaremos un apaixonante percorrido novelado, comezando no Xerusalén do ano 70, a meseta de Massada, e Monte Cassino. Asistiremos á expulsión dos xudeus en 1492 de España, ao descubrimento de América e á destrución do forte Nadal. Mergullarémonos na fundación e caída do gran imperio Azteca a mans de Hernán Cortes e viaxaremos con Napoleón na súa campaña de Exipto e no desastre da campaña de Rusia. Os desastres dos petroleiros Urquiola, Mar Exeo e Prestige na Costa da Morte, poñen fin a este apaixonante percorrido que termina da mesma forma que comeza no seu prólogo «… un domingo, cedo na mañá…».
A Historia, a aventura, a guerra, a paz, a vida e a mesma morte, danse cita nesta apaixonante obra, que se complementa con 237 apuntamentos ao pé de páxina.



Quen?



Do Peirao é unha editora con vontade de cambio, de publicar obras pouco convencionais pero de indudable calidade, con novas e frescas ideas como é a de empregar unha campaña prevenda para promocionar cada título cando esta aínda se atopa en proceso de edición.



Deste xeito es ti, agora que pensa como colabora, o que decide se a obra que che presentamos verá a luz pasando a formar parte do noso catálogo... porque consideramos ao lector parte fundamental do proceso.



Hoxe presentámosvos a Esteban Perelló.



Naceu en 1.963 en Baracaldo (Biscaia). Funcionario de carreira, viviu moitos anos en Bilbao, Valladolid e A Coruña, cidade, esta última, que lle fascinou pola súa beleza e as súas xentes, e da que encariñouse, ata o punto de que el é un coruñés máis. Como escritor, está especializado no xénero histórico. É autor de diferentes obras publicadas, entre as que destacan as novelas en galego Juan Díaz Porlier, o resplandor da liberdade, Dezaséis días de maio e María Pita, Unha soa  bagoa. Crónica en tempos de Xelmírez e doa Urraca, e en español PCMAYMA, 250 años de historia. 1756-2006, Las Cartas de Yago e Dos de mayo, primavera. Resultou gañador de dous concursos de relatos e finalista noutros tantos. Publicou tamén os relatos «Ari», «La isla» e «Qué bien sonó eso en los labios del Rey». Por último, publicou diversos artigos históricos en diferentes revistas especializadas. Non é historiador profesional, pero sempre soubo harmonizar a amenidade co máximo rigor histórico que destaca en tódalas súas obras.



Perfectamente documentadas, pódense cualificar as mesmas como a historia novelada e non como novela histórica. Como dato curioso, cabe apuntar que a novela Las cartas de Yago, foi unha das catro obras españolas seleccionadas para participar no First European Book  Prize 2007 (Primeiro Premio Europeo do Libro 2007), que curiosamente ese ano gañouno o primeiro ministro belga.





«E Deus díxole o seu nome é unha apaixonante novela de novelas, na que o lector se mergullará no século I con romanos e xudeus. Viaxará na Santa María con Colón. Descubrirá o imperio azteca. As guerras napoleónicas. A II Guerra Mundial. A mesma Costa da Morte e os seus últimos terribles desastres. Por fin, identificarase cos voluntarios que formaron a “marea branca” limpando o chapapote do Prestige. É unha novela da Historia, porque as moedas malditas están aí, e a Historia sempre se repite».



Por que?



E por aquí unha mostra do que atoparedes nas súas páxinas:



«… E Xudas o Iscariote arroxou, cargado de ira e medo, as moedas que cobrara pola súa traizón. E ao terceiro día resucito. E as trinta moedas de prata marcadas e malditas, comezaron a súa andaina pola historia…



…///…



            … a fastuosa, a grandiosa cidade de Tenochtitlán. Durante o traxecto ata o seu aloxamento, o palacio de Axayacatl, os españois non saían do seu asombro ante a magnificencia da metrópole cabeza do imperio. Estaba edificada nunha serie de illotes situados dentro do Lago da Lúa. As casas, de adobe, sen xanelas, cegaban inmaculadas pola súa brancura, eran dun ou dous pisos. Entre os illotes, no central, o maior de todos, alzábase un grandioso adoratorio en forma de pirámide truncada. Preto del, na mesma illa, o enorme palacio do tlataoni cos seus xardíns. A urbe, moito máis fermosa e grande que a bela Venecia abríase ante os seus ollos repleta de habitantes curiosos e asustados…



…///…



… Abrazáronse, sen falar. Ambos, suxeitáronse á varanda, cos pés aínda na cuberta. Volveron mirarse e un deles sentenciou:



            —Moriturin te salutant!



            Ao momento, saltaron ao mar. Quizá o inferno aliouse con ese instante poñéndose de acordo. Nese mesmo segundo, unha forte explosión produciuse entre os tanques cinco e sete. Mentres, os dous homes perdéronse nas augas cargadas de petróleo, que en moi pouco incendiouse…



…///…



            … Cando, por fin, tomou unha decisión, un domingo, temperán na mañá, arroxou a moeda con todas as súas forzas ao mar, desde o alto do milenario faro da Torre de Hércules da Coruña. Seguiu a súa caída coa vista ata que, cun chapoteo, perdeuse, quizá para sempre? entre as limpas e espumosas augas da península da Torre…»



Ademais...



Sabemos que son tempos difíciles, tamén nós os sufrimos, e pode que non te atopes en disposición de apoiarnos co teu mecenazgo nestes momentos... pero agardamos que se esto te chegou ao alma, incluso se tal vez coñeces en persoa ao autor, trates de difundir esta campaña (facebook, twitter, blogger, boca-orella... ) para que academos a nosa meta e Esteban Perelló vexa publicada a sua obra.


Editorial Tandaia

location Santiago de Compostela, España
Desde su origen, en 2014, Tandaia ha tenido perfectamente claro su objetivo; dar una oportunidad a quienes, derrochando calidad, otras editoriales se la niegan. Siguiendo esta línea, en apenas un par de años contamos con cuatro colecciones de Ficción dirigidas a distintos géneros: desde la novela histórica hasta la literatura juvenil, pasando por el noir o el alt-lit. En este momento, habiendo mantenido nuestro espíritu inicial, Tandaia se abre a nuevos mercados sin perder de vista el objetivo de buscar nuevos valores para que vosotros, lectoras y lectores, aquellos a quienes buscamos complacer con un catálogo plural y de calidad, podáis acceder a nuestros títulos en distintos formatos y cada vez desde lugares más lejanos. Así pues, contamos con presencia en Latinoamérica y con nuestros libros en formato digital en las distintas plataformas de ventas de ebooks. Confiamos en que, si ya nos conocías, podamos continuar compartiendo todo esto contigo... y si acabas de dar con nosotros, esperamos que la apuesta de Tandaia permita que sea el inicio de una gran amistad.
Escoge tu recompensa
17€
EXEMPLAR DO LIBRO (España)
Con esta recompensa recibirás na túa casa un exemplar de E DEUS DÍXOLLE O SEU NOME semanas antes de que estea disponible nas tendas; para ti ou como ese agasallo que non das atinado a escoller. Sen custos de envío en España.
2 people have backed
Apoyar ahora
20€
EXEMPLAR DO LIBRO (resto do mundo9
Con esta recompensa recibirás na túa casa un exemplar de E DEUS DÍXOLLE O SEU NOME semanas antes de que estea disponible nas tendas; para ti ou como ese agasallo que non das atinado a escoller.

Custo de envío para fóra de España xa incluido.
0 people have backed
Apoyar ahora
23€
EXEMPLAR E GALERADAS (España)
Escollendo esta opción terás a posibilidade de avanzar na historia en calquera parte, sexa en pantalla ou papel.

Sen custos de envío en España.
0 people have backed
Apoyar ahora
26€
EXEMPLAR E GALERADAS (resto de mundo)
Escollendo esta opción terás a posibilidade de avanzar na historia en calquera parte, sexa en pantalla ou papel.

Custo de envío para fóra de España xa incluido.
0 people have backed
Apoyar ahora
29€
PREMIUM (España)
Todo o anteriormente exposto (exemplar e galeradas) pero, ademais, verás o teu nome impreso nos agradecementos do libro... para que cando Esteban Perelló sexa unha celebridade poidas demostrar que colaboraches no seu éxito.

Sen custos de envío en España.
2 people have backed
Apoyar ahora
32€
PREMIUM (resto do mundo)
Todo o anteriormente exposto (exemplar e galeradas) pero, ademais, verás o teu nome impreso nos agradecementos do libro... para que cando Esteban Perelló sexa unha celebridade poidas demostrar que colaboraches no seu éxito.

Custo de envío para fóra de España xa incluido.
0 people have backed
Apoyar ahora
34€
DOUS EXEMPLARES (España)
Para ti, familiares e amigos... dous exemplares cos custos de envío gratuitos (en España) semanas antes de que saia á venda.
0 people have backed
Apoyar ahora
40€
DOUS EXEMPLARES (resto do mundo)
Para ti, familiares e amigos... dous exemplares semanas antes de que saia á venda, co custo de envío para fóra de España xa incluido.
1 people have backed
Apoyar ahora