Login

Log in using your Facebook account

login facebook

Don´t you have an account?

Almas de cobre

Project widgets

Vertical

<iframe src='https://www.lanzanos.com/tandaia/apoya/3958/1/' width="260" height="510" frameborder='0'> </iframe>

Horizontal

<iframe src='https://www.lanzanos.com/tandaia/apoya/3958/0/' width="334" height="110" frameborder='0'> </iframe>

Loogic Partners

En Loogic creemos en las personas y creemos que cuanto más cerca de ellas estemos, más podremos ayudarles y más podrán ayudarnos. Nosotros estamos limitados, somos un equipo magnífico pero que no llegamos a todas partes. Queremos tener personas que nos ayuden, sea de forma individual o desde empresas, que compartan la filosofía de Loogic y quieran ayudar a emprendedores, startups e inversores.

Nuestras áreas de acción son amplias, si crees que puedes ayudarnos en alguna de ellas, crees que puedes llevarlas a aquellos a los que nosotros no llegamos, queremos conocerte.

Loogic engloba:

Que?



A finais do Sexenio Absolutista (1814-1820) un mozo vasco e outro francés instálanse na Coruña. O vasco emprégase nun estaleiro. O francés, ovella negra dunha familia de comerciantes, prefire a vida galante aos negocios.



Durante o Trienio Liberal (1820-1823), inimigos de toda modernidade, xuntan o mellor de cada casa nunha partida de guerrilleiros. Esta presada de adramáns bótase ao monte, a vivir entre os lobos.



Quen?



Do Peirao é unha editora con vontade de cambio, de publicar obras pouco convencionais pero de indudable calidade, con novas e frescas ideas como é a de empregar unha campaña prevenda para promocionar cada título cando esta aínda se atopa en proceso de edición.



Deste xeito es ti, agora que pensa como colabora, o que decide se a obra que che presentamos verá a luz pasando a formar parte do noso catálogo... porque consideramos ao lector parte fundamental do proceso.



Hoxe presentámosvos a Félix Longueira.



Nado na Coruña en 1980, licenciouse en Historia da Arte. No ano 2004 comezou a traballar como profesor de ensino secundario, na especialidade de Xeografía e Historia. No 2008 publicou Breve historia da Coruña.





«Había na Coruña das primeiras décadas do XIX militares, comerciantes, rendeiros, fidalgos, xuíces e avogados da Audiencia e unha presada de mozas de boa familia. A carón deles, as criadas, as leiteiras, os pescos, os mozos de corda e as familias labregas que aguilloaban as vacas da Agra ao Monte Alto, onde pacían a herba batida do vento».



Por que?



E por aquí unha mostra do que atoparedes nas súas páxinas:



«Namentres Manola, en chancas e batín, espertaba ás súas fámulas no bordel, Ignacio fitaba incrédulo o seu capitán, sentado a un lado no soarego da porta coas pernas estendidas e o fusil atravesado, o cano á valga, rozando o chan, como unha boca sedenta. A casa de Manola, que empezara a súa carreira na Ribeira en tempos do bispo Raxoi, coñecera os seus mellores días cos franceses. Daquela houbera que reformar a casa de cinco cuartos que mandaba na vila para lle engadir outros dous cuartos novos e aínda tomara en arrendo a casa contigua, doutros tantos cuartos. Non eran os franceses homes de maneiras como tanto se dicía por xente que non sabe nin ten lacha de falar, que o exército xunta sempre o peoriño e lonxe da casa, entre outros homes, todos xogan a ver quen é máis salvaxe, e algúns mamalóns había que aínda armaban escándalos de xenio se se lles non facía caso en todo canto se lles puña na corna, saían espidos á rúa dando voces en francés, dunha a punta a outra chamando polos compañeiros, sabe o demo o que bradaban, e tiñan gustos que ofenden á decencia e as mulleres poden ser lixeiras pero non porcas e non teñen por que se prestar a todo o que os homes ordenen, e fose como fose queda dito que os franceses pagaban en ouro e polo xeral marchaban rápido, como animais asustados, porque ouro tiñan, que non había nada que lles quedase lonxe das mans, así as cachas das mulleres como as huchas das reitorais e dos pazos. Á marcha dos franceses, a propia Manola entendeu que lle sería mellor arredarse ao barrio das Cascas, onde os veciños eran menos, labregos, lavandeiras, goldreiros que adormecían axiña ás noites, sen se sobresaltar do tumulto. Nunha casa de pedra que aínda existe, do outro lado da ponte, abeirada ao camiño que baixa de Melide e elevada sobre este coma un castelo, deixouse estar Manola a conta do diñeiro que gañara despois de licenciar as rapazas que os franceses lle escarrancharan e tomou outras novas coas que manter con humildade o negocio».



Ademais...



Sabemos que son tempos difíciles, tamén nós os sufrimos, e pode que non te atopes en disposición de apoiarnos co teu mecenazgo nestes momentos... pero agardamos que se esto te chegou ao alma, incluso se tal vez coñeces en persoa ao autor, trates de difundir esta campaña (facebook, twitter, blogger, boca-orella... ) para que academos a nosa meta e Félix Longueira vexa publicada a sua obra.


Editorial Tandaia

location Santiago de Compostela, España
Desde su origen, en 2014, Tandaia ha tenido perfectamente claro su objetivo; dar una oportunidad a quienes, derrochando calidad, otras editoriales se la niegan. Siguiendo esta línea, en apenas un par de años contamos con cuatro colecciones de Ficción dirigidas a distintos géneros: desde la novela histórica hasta la literatura juvenil, pasando por el noir o el alt-lit. En este momento, habiendo mantenido nuestro espíritu inicial, Tandaia se abre a nuevos mercados sin perder de vista el objetivo de buscar nuevos valores para que vosotros, lectoras y lectores, aquellos a quienes buscamos complacer con un catálogo plural y de calidad, podáis acceder a nuestros títulos en distintos formatos y cada vez desde lugares más lejanos. Así pues, contamos con presencia en Latinoamérica y con nuestros libros en formato digital en las distintas plataformas de ventas de ebooks. Confiamos en que, si ya nos conocías, podamos continuar compartiendo todo esto contigo... y si acabas de dar con nosotros, esperamos que la apuesta de Tandaia permita que sea el inicio de una gran amistad.
Escoge tu recompensa
16€
EXEMPLAR DO LIBRO (España)
Con esta recompensa recibirás na túa casa un exemplar de ALMAS DE COBRE semanas antes de que estea disponible nas tendas; para ti ou como ese agasallo que non das atinado a escoller. Sen custos de envío en España.
4 people have backed
Apoyar ahora
19€
EXEMPLAR DO LIBRO (resto do mundo)
Con esta recompensa recibirás na túa casa un exemplar de ALMAS DE COBRE semanas antes de que estea disponible nas tendas; para ti ou como ese agasallo que non das atinado a escoller.

Custo de envío para fóra de España xa incluido.
1 people have backed
Apoyar ahora
22€
EXEMPLAR E GALERADAS (España)
Escollendo esta opción terás a posibilidade de avanzar na historia en calquera parte, sexa en pantalla ou papel.

Sen custos de envío en España.
0 people have backed
Apoyar ahora
25€
EXEMPLAR E GALERADAS (resto de mundo)
Escollendo esta opción terás a posibilidade de avanzar na historia en calquera parte, sexa en pantalla ou papel.

Custo de envío para fóra de España xa incluido.
0 people have backed
Apoyar ahora
28€
PREMIUM (España)
Todo o anteriormente exposto (exemplar e galeradas) pero, ademais, verás o teu nome impreso nos agradecementos do libro... para que cando Félix Longueira sexa unha celebridade poidas demostrar que colaboraches no seu éxito.

Sen custos de envío en España.
2 people have backed
Apoyar ahora
31€
PREMIUM (resto do mundo)
Todo o anteriormente exposto (exemplar e galeradas) pero, ademais, verás o teu nome impreso nos agradecementos do libro... para que cando Félix Longueira sexa unha celebridade poidas demostrar que colaboraches no seu éxito.

Custo de envío para fóra de España xa incluido.
0 people have backed
Apoyar ahora
48€
TRES EXEMPLARES (España)
Para ti, familiares e amigos... tres exemplares cos custos de envío gratuitos (en España) semanas antes de que saia á venda.
0 people have backed
Apoyar ahora
52€
TRES EXEMPLARES (resto do mundo)
Para ti, familiares e amigos... tres exemplares semanas antes de que saia á venda, co custo de envío para fóra de España xa incluido.
0 people have backed
Apoyar ahora