Login

Log in using your Facebook account

login facebook

Don´t you have an account?

A débeda

Project widgets

Vertical

<iframe src='https://www.lanzanos.com/tandaia/apoya/4029/1/' width="260" height="510" frameborder='0'> </iframe>

Horizontal

<iframe src='https://www.lanzanos.com/tandaia/apoya/4029/0/' width="334" height="110" frameborder='0'> </iframe>

Loogic Partners

En Loogic creemos en las personas y creemos que cuanto más cerca de ellas estemos, más podremos ayudarles y más podrán ayudarnos. Nosotros estamos limitados, somos un equipo magnífico pero que no llegamos a todas partes. Queremos tener personas que nos ayuden, sea de forma individual o desde empresas, que compartan la filosofía de Loogic y quieran ayudar a emprendedores, startups e inversores.

Nuestras áreas de acción son amplias, si crees que puedes ayudarnos en alguna de ellas, crees que puedes llevarlas a aquellos a los que nosotros no llegamos, queremos conocerte.

Loogic engloba:

Que?



Unha moza e dous mozos que comparten militancia nos derradeiros tempos do franquismo, viven unha terríbel experiencia que marca fondamente os seus destinos. O devalar do tempo, ao longo de máis de catro décadas, vai labrando ronseis que a memoria recupera a través de feitos e omisións que permanecían sen se saber.



Unha novela con personaxes próximos que retratan unha época de ideais e de fuxidas, de achegamentos e enfrontamentos, de perdas e supervivencias.



Quen?



Do Peirao é unha editora con vontade de cambio, de publicar obras pouco convencionais pero de indudable calidade, con novas e frescas ideas como é a de empregar unha campaña prevenda para promocionar cada título cando esta aínda se atopa en proceso de edición.



Deste xeito es ti, agora que pensa como colabora, o que decide se a obra que che presentamos verá a luz pasando a formar parte do noso catálogo... porque consideramos ao lector parte fundamental do proceso.



Hoxe presentámosvos a Lois Ríos Paredes.



Nado en Moaña, no seo dunha familia rural que mira ao mar, realiza estudos básicos e incorpórase ao mundo laboral, por volta dos dezasete anos. Forma parte dos movementos políticos e sindicais nacionalistas dos derradeiros anos do franquismo. Tempo máis tarde accede á Universidade e exerce a profesión de avogado. Participa na confección de libros de texto, orientados á docencia, onde desenvolve unha parte importante do seu labor profesional.





«A través dos feitos que a novela relata é fácil aproximarse aos sentimentos e a loita que a mocidade galega dos últimos anos da ditadura leva adiante para derrubala. A novela pon de relevo persoas anónimas que o fado sitúa no camiño dos protagonistas e que, sen elas sabelo, asumindo riscos impensábeis, son capaces de marcarlles o destino.



No evoluír dos personaxes, atrapados nas propias dinámicas de supervivencia, a obra aproxímanos a algunhas das claves necesarias para entender a encrucillada política e histórica daquel momento».



Por que?



E por aquí unha mostra do que atoparedes nas súas páxinas:



«Eran os días en que, do país irmán, varrido Caetano, o ditador, chegaban cargados de esperanza os ecos frescos da mítica copla do Zeca.




"Vamos cantar as janeiras, vamos cantar as janeiras, por eses quintais adentro vamos, ás raparigas solteiras…  Bambararabiri, vanpararapide,  Van parar a Pi-de, van, van…"




          Gestapo, Pide, Ovra, Social… Nas mans da Policía, a tortura era insoportábel. Podían tentar confundir aos da BPS durante algunhas horas con pistas falsas, e dar tempo aos camaradas a fuxir, pero, unha vez feitas as comprobacións, volvía o tormento con máis saña. Sempre se podía aguantar máis, sempre se tentaba ganar tempo e non confesar pero, chegado un punto, era normal que a enteireza fose debilitándose coas tundas e o flaxelo implacábel, coa sede e a falta de alimentos, cos golpes cando un se caía de sono, coas ameazas de represalias ás familias e parellas, cos pesadelos do calabozo…
          Non se esixían resistencias heroicas. Pero cumpría aguantar como fose o tempo das citas de seguridade para que, unha vez fracasadas, os demais puidesen pórse a salvo. Todos sabían que había un espazo moi limitado de espera. Despois todo era posíbel.
          Sen se deixar ver dende fóra, Adelino apartou o cortinado. Un gato con andares cansos subía pola beirarrúa de enfronte. Detívose á sombra dun edificio, tombouse contra a parede e comezou a lamber unha pata. Aquela tranquilidade, baleira de testemuñas, non parecía un bo presaxio.
          Unha palmeira situada nun solar abandonado, uns cen metros máis abaixo, ficaba sen movemento algún que delatase vida nas follas palmeadas. A rúa semellaba morta a aquelas horas en que os veciños, cos cativos brincando, xa deberían ter saído á fresca das prazas para liberar a tensión da sesta obrigada pola canícula.
          Inés daba recomendacións de revisar caixóns e notas que puidesen quedar esquecidas nos petos dos pantalóns, nas camisas, chaquetas ou no medio de follas, libros e carpetas.
          —Eliminade todo. Facédeo xa! Se as cousas van mal non haberá tempo…»



Ademais...



Sabemos que son tempos difíciles, tamén nós os sufrimos, e pode que non te atopes en disposición de apoiarnos co teu mecenazgo nestes momentos... pero agardamos que se esto te chegou ao alma, incluso se tal vez coñeces en persoa ao autor, trates de difundir esta campaña (facebook, twitter, blogger, boca-orella... ) para que academos a nosa meta e Lois Ríos Paredes vexa publicada a sua obra.


Editorial Tandaia

location Santiago de Compostela, España
Desde su origen, en 2014, Tandaia ha tenido perfectamente claro su objetivo; dar una oportunidad a quienes, derrochando calidad, otras editoriales se la niegan. Siguiendo esta línea, en apenas un par de años contamos con cuatro colecciones de Ficción dirigidas a distintos géneros: desde la novela histórica hasta la literatura juvenil, pasando por el noir o el alt-lit. En este momento, habiendo mantenido nuestro espíritu inicial, Tandaia se abre a nuevos mercados sin perder de vista el objetivo de buscar nuevos valores para que vosotros, lectoras y lectores, aquellos a quienes buscamos complacer con un catálogo plural y de calidad, podáis acceder a nuestros títulos en distintos formatos y cada vez desde lugares más lejanos. Así pues, contamos con presencia en Latinoamérica y con nuestros libros en formato digital en las distintas plataformas de ventas de ebooks. Confiamos en que, si ya nos conocías, podamos continuar compartiendo todo esto contigo... y si acabas de dar con nosotros, esperamos que la apuesta de Tandaia permita que sea el inicio de una gran amistad.
Escoge tu recompensa
16€
EXEMPLAR DO LIBRO (España)
Con esta recompensa recibirás na túa casa un exemplar de A DÉBEDA semanas antes de que estea disponible nas tendas; para ti ou como ese agasallo que non das atinado a escoller. Sen custos de envío en España.
0 people have backed
19€
EXEMPLAR DO LIBRO (resto do mundo)
Con esta recompensa recibirás na túa casa un exemplar de A DÉBEDA semanas antes de que estea disponible nas tendas; para ti ou como ese agasallo que non das atinado a escoller.

Custo de envío para fóra de España xa incluido.
0 people have backed
22€
EXEMPLAR E GALERADAS (España)
Escollendo esta opción terás a posibilidade de avanzar na historia en calquera parte, sexa en pantalla ou papel.

Sen custos de envío en España.
0 people have backed
25€
EXEMPLAR E GALERADAS (resto de mundo)
Escollendo esta opción terás a posibilidade de avanzar na historia en calquera parte, sexa en pantalla ou papel.

Custo de envío para fóra de España xa incluido.
0 people have backed
28€
PREMIUM (España)
Todo o anteriormente exposto (exemplar e galeradas) pero, ademais, verás o teu nome impreso nos agradecementos do libro... para que cando Lois Ríos Paredes sexa unha celebridade poidas demostrar que colaboraches no seu éxito.

Sen custos de envío en España.
0 people have backed
31€
PREMIUM (resto do mundo)
Todo o anteriormente exposto (exemplar e galeradas) pero, ademais, verás o teu nome impreso nos agradecementos do libro... para que cando Lois Ríos Paredes sexa unha celebridade poidas demostrar que colaboraches no seu éxito.

Custo de envío para fóra de España xa incluido.
0 people have backed
48€
TRES EXEMPLARES (España)
Para ti, familiares e amigos... tres exemplares cos custos de envío gratuitos (en España) semanas antes de que saia á venda.
0 people have backed
54€
TRES EXEMPLARES (resto do mundo)
Para ti, familiares e amigos... tres exemplares semanas antes de que saia á venda, co custo de envío para fóra de España xa incluido.
0 people have backed