Entra

Entra con facebook

login facebook

¿No tienes cuenta?

Perfil de Implicadas No Desenvolvemento

Envía un mensaje privado

Sobre mi

Implicadas No Desenvolvemento

location Vigo, España
Implicadas é unha entidade galega, feminista, crítica, apartidaria e aconfesional, que traballa no ámbito da Cooperación ao Desenvolvemento. Comeza a súa andaina en 1998 para contribuír a cambiar o mundo dende o enfoque de xénero e dende Galicia. O seu obxectivo é traballar a prol da erradicación da pobreza nas comunidades máis afectadas por ela, en concreto coas mulleres, na procura da igualdade de xénero, a través da eliminación das estruturas de opresión Norte-Sur e contribuír a que todas as persoas teñan unha vida digna. Implicadas entende a loita contra a pobreza como un exercicio de responsabilidade da cidadanía do Norte e a busca de espazos para que cidadanía do Sur, e en concreto as mulleres, poida tomar decisións sobre as súas vidas. Considera a pobreza como un problema político e por iso traballa na sensibilización e busca da participación da cidadanía galega na incidencia política, algo que promove a través de colaboracións co mundo da cultura, con asociacións feministas e grazas á súa base de activistas na que na actualidade colaboran preto de 30 persoas. Polo tanto, unhas das tarefas principais de Implicadas en Galicia é a sensibilización da nosa sociedade sobre a pobreza, as súas causas e as súas solucións, para conseguir un mundo máis xusto e solidario. Dende os seus comezos Implicadas desenvolve programas de cooperación baseados na igualdade de xénero e na autosuficiencia das comunidades, traballando man a man coas organizacións civís do Sur. Os programas que desenvolve na actualidade no Sur da India son os seguintes: 1. O programa de ERRADICACIÓN DO INFANTICIDIO FEMININO en Salem é unha iniciativa promovida por Implicadas e a ONG támil People's Development Initiatives (PDI) en colaboración con numerosos actores locais (goberno, feministas, activistas) dende 2007 para tentar poñer fin ao infanticidio. É esta unha forma de violencia extrema contra as mulleres pola cal unha comunidade admite que se asasinen as nenas acabadas de nacer pola baixa consideración social das mulleres. Esta práctica leva a que a pirámide de sexos estea invertida para o distrito de Salem (hai máis homes que mulleres, o cal contradí a tendencia natural) e que de cada 1000 nacidos falten 200 nenas. O programa traballa en catro bloques do distrito de Salem, cunha poboación de máis de 200.000 persoas, e incide en aspectos paliativos como o seguimento de mulleres embarazadas pero o seu obxectivo último é contribuír a un cambio nos patróns de xénero que faga inadmisible toda forma de violencia contra as mulleres. 2. O EMPODERAMENTO DE MULLERES II é unha iniciativa promovida por Implicadas e a ONG támil People's Development Initiatives (PDI), no distritos de Tiruchirapalli. Leva en marcha dende 2008 co obxectivo de conseguir o empoderamento das mulleres e un desenvolvemento con enfoque de xénero a todos os niveis entre as comunidades empobrecidas. Para isto desenvolve actividades como a formación de grupos de axuda mutua (GAM) (ferramenta que facilita que as mulleres teñan acceso ao capital para negocios ou necesidades correntes do día a día; e cumpre unha función fundamental en canto ao seu empoderamento, xa que son unha fonte de apoio mutuo e melloran a súa autoestima e capacidades de acción política); clases de alfabetización de mulleres adultas; atención a mulleres embarazadas, clases de apoio a nenas/os...